Vivimos nun mundo onde a nosa capacidade pra remanecer coma especie é a chave da nosa existencia. A ecoloxía proponnos redescobrir o noso estado fundamental e a nosa relación co medio.

bliusvai é un proxecto artístico de música ecolóxica. A voz, coma elemento primitivo e ancestral, ten unha infinita capacidade para xerar texturas, e aquí constrúe os elementos melódicos e harmónicos básicos dunha sonoridade que convive cunha escenografía única en sinerxía coa propia música. Unha performance musical orixinal e vanguardista chea de forza e ritmo.

bliusvai representa o renacer do ser humano a través da pedra, a auga, a terra, a area e o vento da voz que o leva…

 

 

Música: Rubén Fernández

Dirección artística: Macarena Palacios