enleada

Eu vou a cantar,
non quero que bailes,
soamente tes que escoitar
pra que me poidas odiar.

as cousas sinxelas
ás veces se texen coma enleadas teas…
sei como facer cores
pero estou condeado

e emprego azuis, vermellos e amarelos
pra facer sombras de branco e negro…

eu vou a cantar,
non quero que bailes,
soamente tes que escoitar
pra que me poidas odiar.

Os ollos teñen moitas cores
pero é sinxelo bailar en branco e negro,
e as orellas só poden ser grandes ou pequenas,
eu quero poder odiar con grandes orellas…

emprego azuis, vermellos e amarelos
pra facer sombras de branco e negro…

eu vou a cantar,
non quero que bailes,
soamente tes que escoitar
pra que me poidas odiar.